July 2009
105 posts
No portal Eido Local informan que a Deputación de Pontevedrá porá en marcha un servizo de tradutor automatizado para todos os concellos da provincia, segundo anunciou o titular da institución, Rafael Louzán.
A nova é curiosa se temos en conta que dende hai máis de 25 anos o galego é lingua oficial de todas as administracións locais do país (artigo 4 da Lei de normalización lingüística) ou que dende 1988 “As convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictames das Comisións informativas e actas das entidades locais de Galicia redactaranse en lingua galega” (artigo 1 da Lei do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais). Mal andamos se 20 anos despois temos que pór un servizo de tradución ao galego. Debe ser un primeiro paso para nos adaptar á nova Lei da función pública, que elimina a obrigatoriedade de se examinar en galego.
Con todo, a curiosidade da nova está en cal vai ser o servizo de tradución automática que se vai pór en marcha: lanzarán un novo tradutor do castelán ao galego? Se é así, será máis un que se engadirá a listaxe de tradutores, case todos pagados con fondos públicos, que fan ao galego unha das lingas con maior número de tradutores automáticos existentes.
Alguén segue a pensar que é unha asociación a prol da igualdade do galego e do castelán?
GALICIA BILINGÜE :: Ver tema - ¿Lengua inventada?
(via modesto)
(via lume)
Os pobriños están discriminados.