September 2010
56 posts
Folga: razóns peregrinas para a non secundar....
a) Os sindicatos son uns vendidos e non fixeron nada polos traballadores nin polos parados.
Claaaaaaro. Por iso, cando tes un problema o primeiro que fas é acudir aos sindicatos, a que cho solucionen. E tamén, por suposto, os sindicatos son os culpábeis da crise mundial e da reforma laboral, por iso é mellor non secundar a folga e posicionarse no bando dun goberno que nunca admitiu a crise ou da...
1 tag
Adeus
Na estación do tren non había ninguén. Só o seu xefe, que se achegou para despedilo.
1 tag
"Policia? Están matando a miña veciña"
Eran aproximadamente as tres da madrugada do domingo, cando a Policía e o 061 de Vigo recibían un aviso de emerxencia desde un edificio da rúa Torrecedeira. Varios veciños, alertados polos berros dunha muller, como ‘posuída’ -durante case media hora- decidiron dar a voz de alarma. Tanto desde Comisaría como desde o 061 confirmaron a este diario o mencionado aviso. Ao chegar ao lugar, a...
1 tag
"Los incendios no los apagan los políticos”, dice... →
Posado - roubado de Feijóo en 2006
1 tag
1 tag
Si, como por desgracia ocurre, el gallego pierde fuelle, sobre todo en las...
– Luis Ventoso, metido a sociolingüista
2 tags
Os problemas que tivemos os galegos durante séculos foron por culpa do galego
– Jaime Pita, ex-conselleiro
E xa que empeza o curso, unha das ofertas electorais, confirmada logo no folleto...
– Os espíritos da contradición. Xosé Manuel Pereiro
1 tag
Mentiendes?
- Buah, neno, que movida. Engrelouse a caracán e deulle un fly, flipa. Pillou a burra e pirouse para o kel deixando tirada a ja, o plas e o chuquel. Mentientes?
- Non
1 tag
Cancro
-Que é?
-É cancro.
-Cancro?
-Si, cancro.
-Non pode ser.
-Si, é.
-Jo, tía, non somos compatíbeis. Se polo menos fose libra…
1 tag
O cadáver
Chegou a xuíza. Había horas que a parella da garda civil agardaba por ela e que se levantase o cadáver. E había un anaco que o cadáver se levantara.
Os gardas civís non sabían que dicir.
Otro caso más de competencia discutible a agregar al mediocre expediente de un...
– Highway to Carballo, de Antón Losada en El país
1 tag
Que-que-quérote
-Que-que-quérote
Achegouse a el e mirouno aos ollos.
-Tou na-morado da tu-túa voz…
Premeu o botón ao lado da cama.
-do do teu olor…
Dirixiuse a porta e abriuna
-de de ti…
.
-Que pasou, María?
-O comatoso, que espertou
1 tag
Reiniciando o sistema
Iniciou a sesión. No escritorio procurou a caixa do lixo, e premeuna dúas veces. Sen rastro do ficheiro corazon.jpg. Seleccionou os cartafoles Ano 1, Ano 2, Ano 3 e Ano 4 e co botón dereito dubidou un intre en restauralos. Eliminounos definitivamente.
Xa estaba lista para reiniciar o sistema.
1 tag
1 tag
A verdade non nos fará libres. (George Lakoff, Non...
Hai mitos que datan da ilustración (…) e un deles di así
A verdade faranos libre. Se nós lle contamos os feitos á xente, como a xente é basicamente racional, todos sacarán as conclusións acertadas.
Mais grazas á ciencia cognitiva sabemos que a xente non pensa desa maneira. A xente pensa mediante marcos. (…) A verdade, para ser aceptada, ten de encaixar nos marcos da xente. Se os...
Vas facer folga o 29 de setembro?
Respostas posíbeis:
Si
Non, estou en desemprego
Non, traballo en negro
Non, son precari@ e botaríanme
Non, chego xust@ a fin de mes e non podo perder un día de soldo
Non, son autónom@
Non, non quero ser eu o únic@ na miña empresa
Non, lin no xornal que vai ser un fracaso
Non, os sindicatos son uns (complete co que proceder)
Non, porque (complete co que preceder)
Fonte: Isaac Rosa, No...
O cura ten un paxaro,
non sei que paxaro é:
alá pola media noite,
ponse o...
– Cantiga popular.
2 tags
Os medios en galego importan. Manifesto a prol dos...
Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é...