A chegada do caudillo Paco Vázquez á alcaldía supuxo unha exacerbación nas mensaxes e prácticas. Na súa ambiciosa e fantasiosa mente bulía a idea de converter á urbe herculina nun Xibraltar dentro da Galiza, nun paraíso inmobiliario, nunha cidade-estado con leis e normas propias, de costas ao resto do País. Compría afastala, establecendo como modelo superestrutural ideolóxico o do pailán provinciano, tardofranquista, antigalego, novo rico e de escasa bagaxe cultural. Este tipo humano tan singular caracterizaríase no estético e formal pola súa presenza reiterativa durante todas as estacións do ano con zapatos náuticos e xersei sobre os ombros.
O Coruñesismo, artigo de Manuel Miragaia

1 note

  1. echeoquehai posted this