Sobre min
Quen son? Algúns xa me coñeceredes mais para o resto prefiro permanecer no economato, que logo todo se sabe e dende que está Google, peor.
Son un friqui, si, orgulloso de selo. Un friqui multidisciplinar que aparenta darlle a todo e saber de todo, mais que, na realidade, non sabe de nada. Estamos na época das aparencias e, daquela, hai que aparentar.
Nacín cando as plantas nacen, no mes das flores nacín cando a finada Chuza! (sniff) existía. Alí desenvolvín o meu primeiro labor humanitario de difundir todas esas grandes novas que fan de Galiza un país irremediabelmente suicida.
Despois, como non tiña abondo, criei un arquiviño en Delicious onde colgo galegofobiadas co fin de realizar, algún día, algo: investigación? análise sociolóxica? unha relación de motivos para coller o fusil? ou unha relación de motivos para pedir a nacionalidade catalá?
Agora dedico este tumblr a facer o que me peta, a difundir o que os medios tan-galegos-como-o-que-máis-grazas-ás-subvencións non fan, ou, simplemente, para meter máis merda neste mundo virtual cheo de sexo, youtubismos e fracasados-sociais-con-moito-tempo-libre.
Saúdos